Saturday 04 de May de 2024

Os Bombeiros adquiren dúas máquinas de ozono para desinfectar as instalacións do parque e os vehículos


 

O corpo compartirá as novidades co resto de servizos municipais que abrangue a área de Seguridade Social como son a Policía Local e Protección Civil

O Parque de Bombeiros adquiriu dous xeradores de ozono
transportables para desinfectar as súas estancias, despachos e vehículos, que compartirán
coa Policía Local e Protección Civil, xa que este elemento é o máis eficiente para acabar
con todo tipo de microorganismos, segundo a OMS. A organización detalla que con
concentracións de ozono de 0,1-0,2 mg/l.min, conséguese unha inactivación do 99% de
rotavirus y poliovirus, entre outros patóxenos estudados, pertencentes todos eles ao mesmo
Grupo IV dos Coronavirus.
O Canón de Ozono recolle aire grazas a súa turbina, que o somete a unha descarga
eléctrica. Unha parte das moléculas de oxígeno transfórmanse en ozono e condúcense á
saída para que realicen a súa función, de xeito que este é impulsado mediante outra turbina
para que a súa difusión sexa a máxima. Unha vez configurado o artefacto, o seu
funcionamento é totalmente autónomo. Cada certo tempo xera unha dose de ozono e
expándea no medio. Os lugares recomendados de uso son as estancias, os habitáculos de
vehículos ao regreso de cada intervención ou xornada, os despachos, a sala da televisión, a
cociña e o cuarto de lavandería.

Nota de Prensa

Para a súa posta en escena, introdúcese a máquina de ozono no volume a ozonizar,
colócase nunha zona elevada e enchúfase á rede. Selecciónase o tempo de tratamento (de
1 a 45 minutos), encéndese e abandónase inmediatamente a sala. (Ao final do tempo
programado a máquina desconéctase). Co fin de evitar accidentes, as e os efectivos
colocarán un indicativo na porta do recinto indicando a prohibición de entrada mentres dure
o proceso de desinfección total e transcorrido este, deberase esperar 5 minutos, antes de
que a persoa ao cargo acceda á estancia equipada dunha mascarilla de carbón activo e
lentes de protección para desconectar o equipo, extraelo do recinto e pechar outra vez o
espazo durante os mesmos minutos que estivo funcionando.
O tratamento de desinfección non se pode realizar coa presenza de persoas, polo que o
sarxento de garda ou o xefe que estea ao cargo de cada unidade nomeará na súa quenda a
unha ou un membro do equipo como responsable da limpeza.
Neste sentido, o corpo ten ao seu dispor un protocolo de actuación en caso de que alguén
deles presente síntomas por inhalación ou por contacto co líquido na pel e nos ollos tales
como dor de garganta e de cabeza, tos ou dificultade respiratoria, entre outros moitos, xa
que a substancia pode provocar até conxelación.